Unha muller de 81 anos, veciña de Piñor, resultou falecida tras un accidente ocurrido esta mesma tarde na estrada que comunica as localidades de A Devesa e A Corna, no devanditomunicipio da comarca do Carballiño.
Ao fío das 17,51 horas de hoxe, un turismo Skoda Octavia, que conducía a filla da persoa falecida pola estrada OU-0403, no termo municipal de Piñor, saíuse da calzada e impactou contra unha árbore, por causas que están pendentes de investigar.

No mesmo vehículo tamén viaxaba, na parte traseira, o esposo da falecida e un bebé que resultou ileso, mentras a conductora sufríu danos graves. A proba de alcoholemia practicada á persoa que pilotaba o coche deu resultado negativo, mentres tanto ésta coma os pasaxeiros facían uso do cinturón de seguridade e o menor tamén estaba protexido polos sistema de retención infantil homologado.
Ata o lugar do accidente desprazaronse unha ambulancia do Servizo 061 e o helicóptero medicalizado H-3. O EIS Verín é o encargado de instruir as dilixencias para o seu traslado ao Xulgado de Instrucción Nº 1 do Carballiño.