A Xunta financia a renovación da cuberta do centro social de Beariz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Executivo autonómico, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, destinou 48.000 euros a esta actuación

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, comprobou hoxe o resultada das obras de mellora realizadas polo concello no centro social de Muradás, de titularidade municipal. A Xunta destinou 48.300 euros a financiar os traballos de renovación da cuberta deste equipamento, que se encargou de executar a administración local.

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde, Manuel Prado, destacou que a actuación consistiu no cambio da tella e a instalación dunha lona térmica sobre un falso teito. Isto permitiu eliminar filtracións e mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Ademais, colocáronse dúas ventás no propio tellado e mellorouse o sistema de iluminación para reducir o consumo.

Este inmoble leva máis de 25 anos acollendo diferentes actos e encontros organizados pola veciñanza. Ao respecto, o xerente do Consorcio destacou que as accións financiadas están destinadas a mellorar o día a día dos veciños de Beariz. Tamén supoñen unha posta a punto dunha infraestrutura que xa forma parte da historia da vila e que contribúe desde hai anos á dinamización social deste concello.