O equipo Duarte-Alfaro do Carballiño gañou o ‘Rallye de Ourense Clásico’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A escudería Arenteiro Clásicos do Carballiño obtivo un éxito importante no ‘Rallye de Ourense Clásico’ celebrado a pasada fín de semana na capital da provincia, e na que foron varios os equipos destacados na clasificación xeral desta espectacular competición. Nela resultou vencedor o equipo integrado por Luciano Duarte e Begoña Alfaro aos mandos dun Mini, demostrando unha vez máis unha gran habilidade e experiencia nos rallies de regularidade.

COMERCIAL ORCELLÓN

O terceiro lugar do podio foi adxudicado a outro equipo carballiñes, o formado por José Antonio González e Pablo González cun BMW, que amosaron unha gran regularidade ao longo da proba. No posto 12º atopamos a dupla Conchi Cibeira-Lucas Guzmán, que cun Opel Kadett Gsi deron unha boa impresión e unha gran determinación, mellorando en cada rallye. Xa máis atrás, na 20ª posición situáronse Ana Alfaro e Paco Álvarez, con Seat 128, despregando unha vez máis a súa gran paixón e adicación na proba da cidade das Burgas, aínda que tiveron que facer fronte a algúns desafíos no percorrido.

Dende a directiva do club carballiñés dan a noraboa e transmiten os seus parabéns “a tódolos equipos de Arenteiro Clásicos por tan excelentes resultados nun rallie tan bonito e espectacular como esixente, organizado por Escuderia Clásicos Ourense dun xeito máis que sobresaínte”. A seguinte proba no almanaque para os equipos de Arenteiro Clásicos será o “II Rallye Condado Classic”, que terá lugar na localidade de Salceda de Caselas o vindeiro 21 de Xuño.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------