O PSdeG-PSOE de Leiro esixe ao Concello unha planificación anual da limpeza de camiños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Leiro está a levar a cabo traballos de limpeza e desbroce de pistas e camiños municipais ao abeiro dun convenio coa Consellería de Medio Rural e a Deputación Provincial de Ourense. Elo permite o acondicionamento dun total de 10 quilómetros de vías de comunicación pertencentes a Leiro, concretamente as tarefas estanse a centrar nas localidades de Serantes, Lamas e Nogueira.

COMERCIAL ORCELLÓN

Asemade,  o Concello tamén pon en marcha un programa piloto para a contratación de brigadas para a prevención e extinción de incendios forestais na contorna das parroquias de Lamas e Berán. Unhas actuacións que vén de criticar o grupo municipal do PSdeG-PSOE, ao entender que “comezan tarde, realízanse con falta de medios e planificación e, o que é máis grave, benefician sempre ás mesmas parroquias”.

Neste sentido, salientan que “parroquias como Gomariz, Osebe ou Lebosende continúan á espera, e a veciñanza destas zonas leva tempo alertando do estado de abandono dos camiños e da desigualdade na distribución dos recursos municipais”.

Por todo elo, dende o PSdeG-PSOE de Leiro esixen ao Concello a publicación dun plan anual de limpeza e mantemento, con criterios técnicos e reparto equitativo; a participación da veciñanza na detección e priorización das zonas máis urxentes, e, finalmente, un control efectivo do estado dos camiños e da calidade dos traballos realizados.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------