A localidade de Carballeda de Avia, na comarca do Ribeiro, comeza mañá a súa programación na honra da súa patrona, A Virxe do Lodairo, cunha serie de actos litúrxicos e festivos que se extenderán ata o vindeiro luns, 9 de xuño.
Os festexos comezarán mañá, sábado, día 7, cunha verbena amenizada polo grupo Music-Lar, e terán continuidade o domingo, día 8. Así, a xornada dominical abrirase ás 11,00 horas cun pasarrúas a cargo da agrupación de gaitas Feitizo de Pau e a actuación do dúo Arco Iris no campo da festa. A continuación, ás 12,00, terá lugar na capela do Lodairo unha misa solemne con procesión. A partir das 22,00 horas, o mesmo dúo Arco Iris será o protagonista da verbena.
As festas da Virxe do Lodairo rematarán o luns, día 9, e iniciarase a xornada ás 10,30 horas cun pasarrúas a cargo de gaiteiros e, de seguido, ás 12,00, oficiarase unha misa solemne na capela seguida de procesión. A sesión vermú será amenizada por Begoña Mazaira, Rubén de Prado e DJ Smile, dando paso ao xantar no campo da festa, onde non faltará o tradicional ‘pulpo á feira’.