Alumnado do Ies Nº1 e Chamoso Lamas fan un percorrido cultural polo concello de Boborás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado xoves, máis de 30 alumnos dos IES Nº 1 e Chamoso Lamas protagonizaron un percorrido cultural dende O Carballiño ata Moldes, nunha xornada que combinou natureza, patrimonio e lembranza de figuras locais clave na historia e cultura galegas.

COMERCIAL ORCELLÓN

O percorrido, que seguiu as ribeiras do río Arenteiro, incluíu unha parada na Ponterriza e un paso por Paradela antes de chegar ao Campo do San Benito, en Moldes. Alí, os participantes visitaron a casa de Chamoso Lamas, aberta excepcionalmente para a ocasión pola familia do recoñecido arqueólogo. Varios alumnos leeron fragmentos de textos que destacaban a súa vida, obra e o seu papel no estudo e defensa do Patrimonio galego, así como o seu inxusto esquecemento.

A continuación, o grupo dirixiuse á igrexa románica de San Mamede, onde rendiron unha dobre ofrenda floral ante as tumbas de Chamoso Lamas e Antón Losada. Os asistentes puideron admirar a impoñente arquitectura do templo e a beleza dos centenarios castiñeiros que custodian a entrada do conxunto.

A última etapa da visita levounos ao Pazo dos Losada, onde se leron textos en honor a Antón Losada Diéguez, ilustre escritor, político e intelectual nado no lugar.

Despois dunha mañá de confraternización entre alumnos e profesores dos dous centros, o grupo regresou a O Carballiño en autobús, pechando cun aperitivo de despedida baixo un ceo anubrado que non empañou o bo ambiente da xornada.

Unha iniciativa que, máis aló do exercicio físico, serviu para vincular ás novas xeracións co legado histórico e cultural da comarca.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------