No Irixo: Bases para a contratación laboral dun/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  1. Número e denominación das prazas: un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais.
  2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por circunstancias da produción.
  3. Xornada: completa.
  4. Duración do contrato: tres meses.
  5. Sistema de selección: concurso – oposición (inclúe proba práctica)
  6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello do Irixo, en horario de 09.00 a 14.00 horas,
    ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
    Se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte.
    No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello
    (info@irixo.gal) a copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
  7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de
    anuncios e na páxina web do Concello.
    Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios