A “LXIII Festa do Pulpo” adícase a Noventa Padovana, a vila italiana irmandada co Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A ‘Festa do Pulpo do Carballiño’, que se celebrará o domingo 10 de agosto, quenta motores para a súa 63ª edición, a terceira co recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Nesta ocasión, a celebración estará adicada a Noventa Padovana, a vila italiana irmandada co Carballiño desde o ano pasado. Esta localidade, de pouco máis de 10.000 habitantes, organiza unha festa anual arredor do cefalópodo, a Fiera del Folpo, na que tamén hai degustacións, concertos, actividades culturais e gastronómicas.

Tras a visita da representación italiana á Festa do Pulpo de 2024, e a posterior viaxe da representación do Carballiño á feira de Noventa Padovana, a vila do Arenteiro rende homenaxe nesta nova edición á súa localidade irmá. Trátase dunha aposta do goberno local por afianzar os lazos de colaboración e impulsar a proxección internacional do Carballiño.

A Festa do Pulpo do Carballiño é a romería gastronómica máis concorrida de Galicia, e a segunda máis antiga despois da Festa da Lamprea de Arbo. Ademais, pode presumir de ser, xunto coa Festa do Cocido de Lalín, a única cita gastronómica co recoñecemento de Interese Turístico Internacional.

Case 20 días de celebración

A organización da Festa do Pulpo amplía este ano a habitual programación dunha semana ata case 20 días, nos que a poboación desfrutará de concertos e actividades culturais e gastronómicas, ademais de citas xa míticas como a elaboración da tapa máis grande do mundo ou o concurso de camisetas das peñas.

Presentación en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acollerá este vindeiro xoves, 12 de xuño, ás 12,00 horas, a presentación oficial da 63ª edición da Festa do Pulpo, un evento no que non faltará a degustación do cefalópodo, xa que a representación do Concello carballiñés, de feito, viaxará á capital española acompañada dunha pulpeira do Carballiño, que prepará o tradicional ‘pulpo á feira’. No acto contarase coa presenza dunha representación institucional de Noventa Padovana, co seu alcalde, Marcello Bano, ao fronte.