Por terceiro ano consecutivo, a xove amazona de Maside álzase coa vitoria en doma clásica xunto ao seu fiel compañeiro, Gladiador de Crearán.
Carlota Fernández Prieto volveu a demostrar o seu dominio na doma clásica ao proclamarse campioa de Copa Campeonato de Ponis D2 por terceiro ano consecutivo. Xunto ao seu inseparable Gladiador de Crearán, a amazona galega brillou nas probas Alevín Preliminar e Alevín Equipos, consolidando a súa posición como unha das novas promesas do deporte ecuestre.
Este novo triunfo non é só mérito de Carlota, senón tamén do excelente traballo técnico do seu adestrador, Aitor Manso, e do equipo MPDressage Horses, que acompañaron á moza na súa traxectoria deportiva.
Unha tempada de emocións e despedidas
Esta tempada marcará un antes e un despois na carreira de Carlota, xa que será a última na que compita xunto a Gladiador de Crearán. A emotiva despedida entre a amazona e o seu leal compañeiro terá lugar no Campionato Galego Absoluto, un evento que promete ser inesquecible para ambos. Tras esta despedida, Carlota iniciará unha nova etapa cun novo compañeiro equino, levando consigo a experiencia e os éxitos cultivados xunto a Gladiador.