Aberta a inscrición para o ‘Campamento de Verán’ de Arnoia que se celebrará do 1 de xullo ao 14 de agosto na Queixeira

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello da Arnoia vén de abrir un periodo de inscricións para participar no ‘Campamento de Verán’, que se pechará o vindeiro 26 de xuño, e que se poden realizar de xeito presencial nas oficinas municipais, chamando ao teléfono 988.486.900 ou por vía telemática a través da dirección de correo info@arnoia.es.

O campamento está aberto á participación de tódalas nenas e nenos de 3 a 14 anos que o desexen e as actividades abranguerán do 1 de xullo ao 14 de agosto na paraxe natural de A Queixeira e de luns a venres, en horario de 10,30 a 13,30 horas, estando previsto tamén un servizo de madrugadores dende ás 8,00 horas.