O paso do ‘Rallye Ourense Recalvi’ obriga a cortes de tráfico en Ribadavia e Arnoia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro sábado, 14 de xuño, o trazado previsto da 58ª edición do ‘Rallye Ourense Recalvi’ terá varios tramos na comarca do Ribeiro, en especial nos municipios de Ribadavia e A Arnoia. Así, dúas etapas destra proba automobilística desenvolveranse ás 11,00 e 16,05 horas, e as estradas afectadas estarán cortadas ao tráfico dende as 9,30 ata as 17,30 horas, e nelas estará prohibido o estacionamento dende as 8,00 horas do sábado.

Concretamente, trátase das rúa Progreso, dende o cruce coa OU-406 na ponte de San Francisco, ata o pavillón polideportivo; e das estrada OU-0305 (Ribadavia-A Foz-A Arnoia) e OU-402 (A Arnoia-Castrelo de Miño). Ademais, o cruce entre San Martiño e Progreso tamén estará cortadao, polo que a saída da veciñanza habilitarase a través da rúa Rego de Auga.

Por outra banda, na Arnoia estarán afectadas as estradas OU-406, OU-0305 e OU-402, no tramo Ribadavia-Arnoia, que quedará pechado ás 9,30 e ás 16,00 horas, e que non se abrirá ata pasadas as 18,00 horas. Estas restriccións afectarán ás poboacións de A Reza e A Carixa. no municipio arnoiés.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------