O Instituto de Estudios Carballiñeses presenta o número 43 da revista Agora do Orcellón e o libro de títeres “Na procura de Ruliño. 6 farsas para títeres”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño volverá ser epicentro da cultura galega o vindeiro 28 de xuño ás 12:00 horas, coa presentación do número 43 da revista “Ágora do Orcellón” e do libro de títeres titulado “Na procura de Ruliño. 6 farsas para títeres” de Ana Isabel Rodríguez Bernárdez, unha pioneira na arte dos títeres en Galicia que no ano 1974 escribiu os primeiros textos en galego por encargo da asociación Avantar do Carballiño. O seu lema era “por un teatro en galego”. O acto esta organizado polo Instituto de Estudios Carballiñeses.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A cita terá lugar no Salón de actos do Casino de O Carballiño, un espazo emblemático que acollerá a veciñanza e os amantes da cultura da comarca para celebrar esta dobre aposta pola tradición, a investigación local e a creación artística dirixida ao público infantil.

O evento contará ademais cun momento musical moi especial: a actuación da recoñecida artista María do Ceo, quen, acompañada pola viola de fado de José Salgado e a guitarra portuguesa de Álex Salgado, engalanará a xornada cun repertorio de gran sensibilidade e vínculo co mundo lusófono.

A colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, subliña o apoio institucional á promoción da cultura propia, o patrimonio local e a lingua galega.

Unha cita imperdible para quen desexe gozar dunha mañá de cultura, música e tradicións, que pon en valor o traballo constante de entidades como o Instituto de Estudios Carballiñeses na defensa da identidade e historia do territorio.