A saída de vía dun turismo provoca o envorcamento dun camión na autovía AG-53

Un conductor resultou ferido grave a primeira hora da mañá de hoxe o saírse da vía o turismo que conducía e colidir coa bionda na autovía AG-53 (Ourense-Dozón) ao seu paso polo municipio de Punxín. Un camión articulado que circulaba no mesmo sentido envorcou para evitar o choque co vehículo.

O suceso ocorreu ao fío das 6,00 horas de hoxe, sábado 14 de xuño, cando un turismo que circulaba en sentido Ourense saíase do carril e impactaba coa bionda de separación de carrís, no punto quilométrico 81 da devandita estrada, á altura do concello de Punxín. O conductor do vehículo resultou con feridas graves e tivo que ser trasladado nunha ambulancia do Servizo 061 ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ao percatarse do incidente, o conductor dun camión articulado que circulaba detrás do vehículo accidentado tentou evitar o inminente impacto co turismo e efectou unha maniobra evasiva e de frenado, de xeito que o camión desestabilizouse e finalmente envorcou uns metros máis abaixo. O conductor resultou con feridas leves.

Axentes do Subsector de Tráfico desprazados ata o lugar do sinistro sinalizaron a contorna e procederon ao corte da circulación na autovía, habilitando un desvío no punto quilométrico 77,7 en sentido Ourense e con acceso a AG-54, o tramo de autovía que enlaza a localidade de A Touza (Maside) con O Carballiño. A circulación xa foi restablecida no tramo do accidente pasadas as 13,30 horas de hoxe.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------