As Escoliñas Deportivas do Pazo Paco Paz pechan o curso cunha festa centrada no deporte
O presidente provincial, Luis Menor, lembrou aos 500 participantes nesta iniciativa da Deputación que “sodes o exemplo de que o deporte é vida, é saúde, é diversión e é o mellor hobby no que podedes adicar o voso tempo libre”
As Escoliñas están centradas en ximnasia artística, ximnasia rítmica, breakdace, xadrez, tenis de mesa, remo indoor, orientación, psicomotricidade, balonmán,volei, karate, kung-fun, fútbol sala e baloncesto
Ourense, 13 de xuño de 2025.
O Pazo dos Deportes Pazo Paz converteuse hoxe nunha “cidade deportiva” onde máis de 500 cativos celebraron a fin de curso dos encontros de Escoliñas Provinciais.
Esta iniciativa está centrada na práctica dos deportes tales como ximnasia artística, ximnasia rítmica, breakdace, xadrez, tenis de mesa, remo indoor, orientación, psicomotricidade, balonmán,volei, karate, kung-fun, fútbol sala e baloncesto.
O presidente provincial, Luis Menor, lembrou aos 500 participantes nesta iniciativa da Deputación que “sodes o exemplo de que o deporte é vida, é saúde, é diversión e é o mellor hobby no que podedes adicar o voso tempo libre”. Precisamente por elo, Menor explicou que na Deputación unha das súas liñas estratéxicas de goberno é o apoio o deporte, e sobre todo o deporte base, “fundamental para construir unha sociedade sá, repleta de valores deportivos e de futuros adultos conscientes da importancia do deporte nas súas vidas”.
Os concellos participantes no encontro de Escoliñas Deportivas foron Xinzo de Limia, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Maceda, Cenlle, Maside, Carballiño e Coles.