Convocatoria para a contratación laboral temporal dunha brigada de incendios do Concello de Boborás, integrada por 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais

Convocatoria do proceso selectivo e das bases xerais e específicas para a contratación laboral
temporal dunha brigada de incendios do Concello de Boborás, integrada por 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas forestais.
Por Resolución da Alcaldía número 2025-0150, do 10 de xuño de 2025, aprobáronse as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria e posterior contratación laboral temporal dunha brigada forestal, ao abeiro do convenio interadministrativo subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Boborás para realizar accións de prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico de política agraria común (PEPAC) 2023-2027, polo sistema de concurso-oposición.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro de entrada de documentos do Concello de 8.00 a 14.30 horas ou ben, mediante o procedemento e lugares que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As bases íntegras da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Boborás e na sede electrónica do Concello de Boborás na seguinte dirección de URL:
http://boboras.sedelectronica.es/info.0.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------