Javier Pardo e David da Puente abrirán carreira na primeira xornada do 58 Rally Ourense Recalvi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O piloto ourensán Javier Pardo, copilotado por David da Puente, será o encargado de abrir a carreira na 58 edición do Rally Ourense Recalvi, proba puntuable para o Supercampeonato de España de Rallyes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O allaricense do Recalvi Team foi o dominador do shakedown e do tramo de cualificación, o que lle serviu para elixir posición en primeiro lugar.

En segundo lugar partirá o seu compañeiro de equipo José Antonio Suárez, acompañado de Alberto Iglesias no outro Skoda Fabia Rs Rally2 do equipo Recalvi.

En terceiro lugar partirán Daniel Berdomás e Brais Mirón, que despois do seu excelente segundo posto no Rally de Pontevedra da pasada fin de semana tentarán mostrar o nivel ao que se roda no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Completan os cinco primeiros clasificados, Álvaro Muñiz e Néstor Casal e Pepe López e David Vázquez, co Citroën C3 Rally2 e o Hyundai I20N Rally2.

A actividade comezará ás 18:35 horas coa disputa do primeiro tramo cronometrado, Taboadela. A continuación, ás 19:35 horas primeira pasada pola Merca e ás 20:10 horas quenda para Toén.

As segundas pasadas a estas especiais terán lugar ás 22:30, 23:10 e 00:05 horas, respectivamente.