Publícase para o coñecemento xeral, ao abeiro da base décimo cuarta das bases que rexen na
vixente bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais (auxiliar de axuda no fogar), e dada a necesidade de prestar un servizo que cubra as necesidades básicas dos/as usuarios/as en situación de dependencia, a apertura extraordinaria dunha bolsa de contratación de auxiliares de axuda no fogar aprobada por Resolución da Alcaldía nº 295/2025, do 10 de xuño de 2025, que di:
“Primeiro: aprobar a apertura extraordinaria da bolsa de emprego para realizar contratacións
laborais temporais (auxiliar de axuda no fogar) conforme ás bases aprobadas o día 28/01/2025 e publicadas o 29/01/2025, na sede electrónica deste concello, así como no taboleiro de anuncios, e que se empregará de maneira secundaria, é dicir, unha vez non existan candidatos/as para o chamamento na actualmente vixente ata o 30/04/2027.
Segundo: publicar no BOP de Ourense, e no taboleiro de anuncios electrónico e físico do
Concello, o anuncio da presente resolución de apertura extraordinaria da bolsa de emprego para realizar contratacións laborais temporais (auxiliar de axuda no fogar).
Terceiro: as solicitudes axustaranse ás ditas bases de selección que se publicarán de novo no
taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello de Maside e no taboleiro físico do Concello de Maside, abríndose de novo o prazo de presentación de solicitudes, unha vez saía publicado o anuncio no BOP de Ourense.
Cuarto: os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica e no taboleiro
de anuncios do Concello de Maside.”
Inicio 0 Concello Maside No concello de Maside: Apertura extraordinaria dunha bolsa de contratación de auxiliares...