Aberto o prazo para a solicitude de axudas, destinadas a entidades sen ánimo de lucro, que atenden a proxectos de carácter social

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Logo da publicación no día de onte da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, hoxe iníciase o prazo de solicitudes para a concesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro que atenden a proxectos de carácter social, que permanecerá aberto ata o 18 de xullo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 19 de xuño de 2025.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou onte a convocatoria para a consesión de subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro que atenden a proxectos de carácter social, prazo que permanecerá aberto ata o 18 de xullo.

Esta convocatoria conta cun orzamento de 350.000 euros, un 15% máis que no ano anterior.

As solicitudes deberán presentarse a través da nova plataforma electrónica que dende este ano facilitará as relacións administrativas entre a Deputación de Ourense e o terceiro sector. A dirección da plataforma é https://soleell.depourense.es

Tras rematar o prazo de presentación, levarase a cabo a comprobación dos requisitos que deben cumprir as entidades de iniciativa social e realizarase a valoración das solicitudes conforme aos criterios recollidos nas bases da convocatoria. Os proxectos valóranse sobre un máximo de 100 puntos.

Iniciativas sociais de diferente natureza

Estas axudas irán destinadas, entre outras, a iniciativas relacionadas coas persoas en situación de necesidade, programas de emerxencia social, discapacidades físicas e psíquicas, migrantes, proxectos referidos á cobertura de necesidades básicas, atención urxente, accesibilidade, mellora da calidade de vida e autonomía das persoas, ou minorar as desigualdades.

En todos os caso, cofinanciaranse proxectos de carácter social sen ánimo de lucro que se realicen este ano na provincia de Ourense atendendo aos colectivos referidos na convocatoria.–