Luis Menor destaca a cooperación entre a Deputación e Xunta “para consolidar a madurez do Parque Acuático de Monterrei, como atractivo turístico de primeiro nivel”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial participou xunto ao conselleiro de Deportes, Diego Calvo, na visita ás instalacións na xornada previa á súa apertura ao público, onde se explicaron tamén as vindeiras obras, xa adxudicadas, que complementarán as xa existentes con novos tobogáns de “gran adrenalina” e zona multiaventura que contribuirá a desestacionalizar este complexo deportivo e de ocio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 19 de xuño de 2025.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na visita previa á posta en marcha do Parque Acuático de Monterrei, que abrirá as súas portas mañá para todos os públicos. No percorrido participaron tamén o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o director xeral para o Deporte da Xunta, Xosé Ramón Lete; o delegado da Xunta, Manuel Pardo; e o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez. Os técnicos explicaron o contido das catro fases do proxecto, das que a primeira foi a realizada e inaugurada o ano pasado coas áreas de baño e tobogáns. A terceira (tobogáns de alta adrenalina) e a cuarta (zona multiaventura) acaban de ser adxudicadas e executaranse nos vindeiros meses (que contarán coa financiación de 3,6 millóns por parte da Deputación de Ourense); mentres que a segunda, que será un río lento, licitarase ao pasar o verán.

Menor lembrou as vicisitudes polas que pasou o desenvolvemento do proxecto, desde o ano 2019 cando se presentou e cunha pandemia mundial polo medio máis a crise de subministros provocada pola guerra en Ucraína, “mais sempre tivemos claro o valor absolutamente estratéxico desta instalación para o desenvolvemento de Ourense”, recalcou, lembrando que o pasado verán preto de 100.000 persoas acudiron a Monterrei (concretamente, 96.500). Puxo de manifesto a importancia da cooperación institucional entre a Xunta e a Deputación “para consolidar a madurez desta instalación cun atractivo turístico de primeiro nivel”, lembrando, ademais, que a ourensá é a deputación que máis convenios de colaboración ten asinados co Executivo Galego.

Por último, Luis Menor declarou “oficialmente inaugurado o verán ourensán”, proclamando que o Complexo de Monterrei “é o mellor destas características de toda Galicia e Portugal”.

O conselleiro de Presidencia e Deporte, Diego Calvo, recalcou que “hai máis de medio século que Monterrei é a gran referencia do verán en Ourense”, e valorou a importancia dos pasos dados na consolidación desta instalación. “Seguimos cumprindo coa nosa palabra, avanzando coas adxudicacións para que o ano pasado teñamos o 100% completado das obras”, explicou o conselleiro, recalcando a “capacidade de atracción dunha instalación que é todo un referente e será o máis importante do norte da Península”.