Un ano máis, e xa son seis, o estadio de fútbol do Outeiro Grande de Maside acolle durante esta semana de xuño o ‘Depor Campus’ das Escolas Deportivas de Maside, unhas xornadas de adestramento e diversión a cargo de técnicos do Real Club Deportivo da Coruña e nos que participan máis de 50 xoves entre os 6 e os 14 anos de idade.
Nesta sexta edición do ‘Depor Campus’, mantense o método do Real Club Deportivo, fomentando valores coma son o xogo limpo, o respeto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade ao través do deporte, e con diferentes actividades de introducción ao xogo co manexo e tiros con balón para os máis cativos e técnicas de estratexia para os de máis idade, tal e como nos explicou o director de Terras de Maside, Juan Romero.
Unha iniciativa máis deste centro de formación deportiva de Maside, que vén contando entre as súas filas a 150 rapazas e rapaces en iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete, e que ten aberto ata o 15 de xullo o prazo de inscripción ou renovación para a tempada vindeira.
Un clube que verá en breve cómo o Concello de Maside vai acometer unha reforma das instalacións do Outeiro Grande, coa colocación de novo céspede e unha reforma nos vestiarios, tal e como avanzou o alcalde do municipio, José Manuel Iglesias, coincidindo coa presentación do campamento.