O club Aehde consigue o seu primeiro podio na categoría nacional de patinaxe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo show do ‘Club Aehde O Carballiño’ pechou a súa primeira tempada en categoría nacional do mellor xeito, conquerindo o seu primeiro podio en Primeira Categoría. O programa “Asesinato en el Orient Express” mereceu para o xurado da Federación Galega de Patinaxe (FGP) a terceira mellor puntuación na modalidade de grupos pequenos (ata 12 membros).

COMERCIAL ORCELLÓN

A coreografía obtivo 21,31 puntos e só foi superado polo CPA Brión, que acadou a primeira posición e o Patín Porriño a segunda. O Brión foi o gran triunfador da primeira xornada da Copa Galega de Grupos Show-Xunta de Galicia que está a organizar o Club Aehde no pavillón polideportivo Paco Chao do Carballiño, xa que tamén se levou o triunfo en cuartetos sénior.

Por outra banda, nos grupos grandes de Primeira Categoría a vitoria foi para o CPA Valladares, sendo segundo o Fontiñas e terceiro o Ribeira. En cuartetos júniors o primeiro clasificado foi o Noia Patín por diante do Berenguela e o Patín Axel. O Alquimia pechou os podios da primeira xornada en grupos show júniors.

O Paco Chao acolle ao longo de hoxe, domingo, a segunda xornada da Copa Galega, neste caso para os equipos grandes e pequenos de Segunda Categoría, unha competición na que o Club Aehde tamén terá representación nos grupos pequenos.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------