Sabores, música e artesanía déronse cita no festival ‘Espírito Ribeiro’ de Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

https://www.facebook.com/share/v/1FgnJLAevt

O campo de Barral, en Castrelo de Miño, acolleu esta pasada fin de semana (sábado e domingo) a quinta edición do ‘Espírito Ribeiro’, o festival que combina sabores, música, mercado e produto de proximidade, e que está organizado polos Concellos de Castrelo, A Arnoia e Cenlle. No eido musical deste evento sucedéronse concertos de balde con figuras tan singulares do panorama musical estatal e galego como Julián Maeso, Jaime Urrutia, Gisele Jackson, Top Secret e Roi Casal.

COMERCIAL ORCELLÓN

O festival, no que os asistentes tiveron que soportar as altas temperaturas, combinou a posta en valor do viño e do territorio vinculado á Denominación de Orixe Ribeiro coa divulgación do traballo de distintas artesás e artesáns de Artesanía de Galicia, a gastronomía co selo Artesanía Alimentaria e unha programación cultural para todos os públicos. Ademais, nesta edición, Espírito Ribeiro estreou un novo formato, rotando a actividade cada ano nun municipio. Así, Castrelo de Miño acolleu esta edición de 2025, mentres que Cenlle será o anfitrión no 2026 e Arnoia en 2027.

O ‘Espíritu Ribeiro’ contou o sábado coa visita do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, que estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte. Alí foron recibidos polos alcaldes de Castrelo, Avelino Pazos; Cenlle, Rebeca Sotelo, e A Arnoia, Rodrigo Aparicio.

A través da Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Consellería, patrocinouse a participación de seis profesionais da marca Artesanía de Galicia, que estiveron presentes no festival como expositores e que son os ourensáns María Aba, Galifornia Dreaming, Pilarnia Arte, Luciérnaga e Bangus e Peixesapop, de Vigo. Tamén se apoiou a organización de dous obradoiros, un deles é de técnica de gyotaku e outro de estampación pictórica con vexetais impartidos polos artesáns María José Martínez e José María Carrera do Obradoiro Peixesapop.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------