A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) acolle unha nova rolda de prensa aberta, no marco da iniciativa Conecta Ourense, promovida en colaboración co IGAPE, para presentar os resultados do Programa Pegada de Carbono e dar a coñecer a nova convocatoria de axudas ASG dirixidas a impulsar medidas sostibles nas empresas galegas.
Esta xornada ten como obxectivo achegar ao tecido empresarial información práctica e útil sobre como medir, reducir e rexistrar a pegada de carbono, así como explicar as novas liñas de apoio para avanzar no cumprimento dos criterios Ambientais, Sociais e de Gobernanza (ASG).
Desde a CEO reafirmamos o noso compromiso coa sostibilidade empresarial e co acompañamento ás empresas na súa transición ecolóxica, facilitando recursos, asesoramento e conexión con provedores especializados.
Durante a xornada intervirán expertas en sostibilidade, representantes do IGAPE e empresas participantes no programa, que compartirán experiencias, boas prácticas e propostas.
PROGRAMA DA XORNADA:
🔹 12:00 h | Benvida institucional
🔹 12:10 h | Resultados e boas prácticas do Programa Pegada de Carbono
• Marta Sánchez Nande – Directora de PFS Grupo Galicia
• Empresas participantes:
– Aglomerados y Construcciones Valdeorras (Acoval)
– Basculantes Baycar
– Iria Otero “Vinos con Memoria”
– Megatech Industries Orense
– Solucións Técnicas Esdinela
– Viña Costeira
🔹 12:30 h | Entrega de diplomas ás empresas participantes
🔹 12:40 h | Presentación das novas axudas ASG do IGAPE
Norberto Penedo Rey – Director da Área de Competitividade do IGAPE
🔹 13:00 h | Propostas de medidas por parte de provedores de servizos ASG
🔹 13:30 h | Espazo de networking para facer contactos e coñecer futuras colaboracións sostibles