O BNG de Maside convoca un acto público o venres 4 de xullo, para esixir transparencia e solucións ante a crise da auga

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Maside, 27 de xuño de 2025.
O BNG de Maside organiza un acto público o vindeiro venres 4 de xullo ás 20:30 h na Casa da Cultura de Maside baixo o título “Auga potable en Maside: dereito básico, información ausente”, co obxectivo de informar á veciñanza sobre a situación actual da auga da traída e denunciar a falta de transparencia e acción por parte do goberno local.

COMERCIAL ORCELLÓN

Dende que o pasado 2 de maio o Concello advertiu da non potabilidade da auga da billa, non se publicou ningunha nova analítica nin se informou de medidas correctoras, mentres que a veciñanza segue sen acceso garantido a auga apta para o consumo. A situación, xa grave de por si, agrávase ao coñecerse que en febreiro xa existían analíticas desfavorables sen que se dera ningún tipo de aviso público.

No acto intervirá Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, para abordar tamén as responsabilidades institucionais e as vías políticas e legais de actuación.

O BNG de Maside fai un chamamento á participación da veciñanza para defender o dereito á saúde, á información e a servizos públicos dignos, e para demandar unha solución inmediata, real e transparente por parte do Concello.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------