A feira de Doade congregou a centos de persoas na súa primeira cita mensual do verán

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Doade convértese os días 9 de cada mes nun punto de referencia comercial, festivo e gastronómico non só da comarcas de Terra de Montes, O Carballiño ou O Ribeiro, senón tamén da provincia de Ourense e mesmo de toda Galicia. Nesta localidade do municipio de Beariz, de apenas un cento de habitantes e pertencente a parroquia de San Salvador de Xirazga, mantense viva unha das feiras máis antergas da comunidade, xa que a súa orixe está na Idade Media e máis concretamente nos mercados promovidos dende o ano 1130 polo Mosteiro de Acibeiro.

E onte foi unha desas datas na que Doade congregou a máis de 2.000 persoas, chegadas do propio municipio e dos concellos limítrofes de Avión, Forcarei e A Lama, tamén da comarca carballiñesa e incluso da cidade de Pontevedra, ademais dunha nutrida representación da familias recén chegadas de México, o principal país de destino da emigración nesta zona.

COMERCIAL ORCELLÓN

Unha feira que ten lugar nunha fermosa carballeira centenaria situada baixo a capela da localidade, na que pulpeiras de Arcos, parrilladas de carne e unha ringleira interminablede postos ambulantes de venda de roupa e outros complementos integran o núcleo máis importante da celebración. Alí, veciños e visitantes desfrutaron do ‘pulpo á feira’, churrasco de carne, postres e bebidas á sombra das árbores, todo elo amenizado pola música tradicional dun grupo de gaiteiros.

Unha xornada de reunión, convivencia e confraternidade que marca o inicio da tempada de descanso e lecer para moitos veciños e emigrantes destas terras de Beariz.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------