A Xunta somete a información pública o Plan Básico Municipal de San Cristovo de Cea

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.989 habitantes, clasifica 82 núcleos rurais en 13 parroquias e cataloga 530 elementos do patrimonio cultural

Tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia, o documento exponse desde mañá xoves e durante un prazo de 2 meses para consulta

COMERCIAL ORCELLÓN

A Xunta promove Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais para impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible

EscoitarCompartir

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

A Xunta anunciou hoxe no Diario Oficial de Galicia o trámite de información pública do Plan Básico Municipal (PMB) de San Cristovo de Cea, que a Administración autonómica acaba de aprobar de xeito inicial. Deste xeito, tras esta publicación, o documento someterase a exposición pública desde mañá xoves por un prazo de dous meses para consulta.

Este plan constitúe un instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica. Así, o plan para este concello, que conta cunha poboación de 1.989 habitantes, clasifica un total de 82 núcleos rurais, repartidos en 13 parroquias.

Ademais, contempla tamén un total de 530 elementos de patrimonio cultural, clasificados do seguinte xeito: Bens de Interese Cultural (BIC), 1 arquitectónico, 10 artísticos e 18 etnolóxicos; e Bens Catalogados, 71 arqueolóxicos, 128 arquitectónicos, 301 etnolóxicos e 1 relativo ao Camiño de Santiago.

Cómpre destacar que neste concello existe un único elemento declarado BIC como resultado dunha incoación individualizada: o Mosteiro de Santa María Real de Oseira.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Urbanismo, está a promover os Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais.

O obxectivo da Xunta é dotar estes municipios dunha ferramenta que permita impulsar unha ordenación urbanística responsable e sostible.

Na actualidade, hai cinco PBM aprobados definitivamente: Trabada, Riotorto, Ribeira de Piquín, O Páramo e Alfoz.

Tamén hai 14 PBM con aprobación inicial, como este caso de San Cristovo de Cea, ao que se suman Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río, Guntín, Punxín, Dozón, Viana do Bolo, Lobeira, Beariz, Negueira de Muñiz e Samos.

Ademais hai outros plans pendentes de aprobación inicial como Antas de Ulla e San Amaro e outros tres para os que se está redactando o seu borrador.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------