Outra medalla para Roi Freixedo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Entre o xoves 10 e o domingo 13 disputouse en Oviedo, no campo de tiro do Club Principado de Tiro Olímpico, a Copa SAR Princesa de Asturias nas modalidades de precisión, pistola e carabina 10 metros, na que participou Roi Freixedo González (O Irixo 2007).

Desta volta o campionato contaba de dúas fases de competición, obtendo a clasificación final pola suma das rondas clasificatorias. Na primeira fase rematou no cuarto posto, a dous puntos do bronce, sete da prata e dezasete do ouro. Era difícil remontar eses resultados, pero na segunda fase clasificatoria impúxose aos seus rivais sacándolle seis puntos de vantaxe ao segundo clasificado. O resultado final, tras unha espectacular remontada, foi conseguir un empate a puntos no segundo posto, desfacéndose o empate a “10” deces centrados e colgándose así a medalla de prata.

COMERCIAL ORCELLÓN

Tamén colleitou a medalla de ouro por equipos coa Federación Galega. Equipo composto por Roi Freixedo, Javier Delgado e Xenxo López.

Estando na tirada de adestramento en Asturias foille confirmada a concesión da beca do Consello Superior de Deportes, a proposta da Real Federación Española de Tiro Olímpico, para ingresar no Centro de Alto Rendemento de Barcelona. Minutos despois tamén recibiu a nova de que lle adxudicaban praza no Grao de Fisioterapia no Campus de Bellaterra da Universidade Autónoma de Barcelona. En setembro toca enfrontarse a este novo ciclo na súa vida, ten que cambiar de residencia, de estudos e de técnicas de adestramento. Hai que compaxinar a universidade co alto rendemento. Cambio que afronta con moita ilusión

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------