CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE: 1 XEFE/A DE BRIGADA E 2 PEÓNS/PEOAS
DE BRIGADA (CONVENIO DE COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL)
Convocatoria para a contratación laboral que se indica, segundo as bases aprobadas por Resolución
da Alcaldía núm. 2025 – 0376, do 9 de xullo de 2025.
- Número e denominación de postos: (Convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural)
1 xefe/a de brigada, 2 peóns/peoas de brigada. - Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada vinculado a programas
financiados con fondos europeos (disposición adicional quinta do Real decreto-lei 32 /2021, do 28
de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego
e a transformación do mercado de traballo). - Duración do contrato: 3 meses.
- Sistema de selección: concurso – oposición.
- Bases das convocatorias: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica co
Concello de Maside. - Prazo de presentación de solicitudes: 3 días hábiles contados desde o seguinte á publicación
deste edicto no BOP.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------