María Luz Roo, concelleira en Maside, elexida como responsable do PSdeG-PSOE para as comarcas do Carballiño e O Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de celebrar a primeira xuntanza ordinaria do Comité Provincial, logo da celebración do V Congreso Provincial e da ratificación da nova Comisión Executiva. As e os socialistas deron conta das últimas novas orgánicas, así como do Comité Federal e da última Executiva Galega. Na sesión deuse conta dos novos responsables elexidos nas correspondentes comarcas da provincia, cargo que no caso do Carballiño e O Ribeiro recaeu en María Luz Roo Cabo, concelleira do goberno municipal de Maside.

Luz Roo saíu elexida nunha asamblea celebrada recentemente, e na que participaron os aecretarios das agrupacións locais de ambas comarcas (O Ribeiro e O Carballiño), que se decantaron maioritariamente pola concelleira socialista de Maside. Con anterioridade, cada unha das comarcas tiña un responsable, se ben agora a dirección provincial do PSdeG-PSOE decidíu unificalas a nivel orgánico.

No Comite´Provincial de hoxe, o secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo, aproveitou a lectura do informe político para facer balance dos primeiros meses de traballo da nova Comisión Executiva Provincial. Vila destacou a “normalidade” dos últimos procesos celebrados que culminaron coa constitución das agrupacións locais e da elección dos diferentes responsables comarcais.

As e os socialistas fan fincapé en que “agora é hora de traballar coa vista posta nas eleccións municipais de 2027” e subliñan que “estamos preparados para formar os mellores equipos e as mellores candidaturas para procurar os mellores resultados posibles na provincia, así como aumentar o número de alcaldías”.

O PSdeG-PSOE de Ourense aproveitou os meses de maio e xuño para celebrar as diferentes asembleas das agrupacións municipais socialistas da provincia. Celebráronse 56, das que 51 foron vía asemblea e 5 a través das xestoras. As e os socialistas destacan a “importante renovación orgánica” levada a cabo nas asembleas, onde apuntan que “máis do 50% dos secretarios xerais municipais mudaron, sendo 29 deles novos membros”. Poñen en valor “a importancia destes procesos orgánicos, co obxectivo de reforzar o partido e comezar a traballar con vistas aos comicios municipais de 2027”.

No Comité Provincial tamén se aprobou a folla de ruta e as directrices de actuación da Comisión Executiva Provincial e designouse aos representantes do Comité Provincial na Comisión Provincial de Listas, que serán un total de dez, seis elixidos neste comité e 4 xa elixidos previamente pola Executiva Provincial.

Ademais de María Luz Roo, outros responsables comarcais son, en Bande, José Manuel Fernández, concelleiro en Calvos de Randín; Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, en Trives-Terras de Caldelas; o tenente de alcalde no Barco, Aurentino Alonso, en Valdeorras; Brian Diz, edil en Amoeiro, para Ourense; o voceiro socialista en Cartelle, Jesús Pereiras, en Celanova; Marina Vaz, voceira en Riós e deputada provincial, para Verín, e, finalmente, será a alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade, a responsable para A Limia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------