O mércores 23 de xullo: Ludoteca Móbil e Actividades Recreativas en Boborás

O mércores 23 de xullo, o exterior das piscinas municipais de Boborás acollerá unha xornada chea de diversión e actividades dirixidas aos máis pequenos. O evento, que se desenvolverá dende as 11:00 ata as 14:00 horas, contará coa participación da Ludoteca móbil da Deputación de Ourense e ofrecerá unha variedade de sorpresas, entre elas:

  • Hinchables para saltar e xogar sen parar.
  • Festa de polvos Holi, unha explosión de cores e alegría.
  • Festa da escuma, onde a diversión está garantizada.

Esta iniciativa, financiada pola Deputación de Ourense, promete un día inesquecible de xogos, risas e emocións. Recoméndase levar bañador e moitas ganas de pasalo en grande.

Non faltes e disfruta dunha mañá única en familia!

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------