O vindeiro luns, 28 de xullo, comezarán as actuacións da cuarta fase de escavacións e consolidacións arqueolóxica no Castro de Garfián, emprazado no municipio de Beariz, e que estarán financiadas pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia cunha achega de 15.367 euros.
Os traballos consistirán básicamente na limpeza e roza de vexetación, tanto na zona de actuación coma no resto do xacemento; a consolidación puntual das estruturas escavadas nas campañas anteriores; unha diagnose de conservación e consolidación preventiva das estruturas que se localicen nesta nova campaña, e, finalmente, na conservación dos petróglifos sitos na croa do castro, incluíndo a súa limpeza e documentación planimétrica e gráfica.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------