Ribeiro en Común pide a actualización do Pepri de Ribadavia e a súa adecuación aos novos tempos.

Para Ribeiro en Común é necesaria unha Modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Ribadavia para adecualo aos novos materiais de construción e ás novas necesidades da cidadanía, como mellora da rede de telecomunicacións ou a posibilidade de instalar placas solares, entre outras peticións frecuentes da veciñanza.
Ribadavia  a 24 de xullo 2025.

Estas modificacións que pide Ribeiro en Común non sería inédita, xa que foron vários, desde o ano 1999, os cambios puntuais na normativa urbanística do noso Concello, sempre buscando unha adaptación da mesma ás novas necesidades ou como corrección de anacronismos.

Ribeiro en Común reclama que estas modificación sexan feitas desde o consenso de todos os grupos municipais, algo que non sempre posible, e para o cal o noso grupo ofrece toda a súa colaboración.

Recordamos que o Concello de Ribadavia conta con dous ARIS aprobados, o da vila de Ribadavia e o do núcleo de Rego de Eigón. En data 8 de xuño de 1999, declárase a Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico de Ribadavia, cunha delimitación coincidente co vixente Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico de Ribadavia PEPRI. En data 9 de xullo de 2008 declarase Área de Rehabilitación Integral do Casco Antigo de San Cristovo, cunha delimitación coincidente co vixente Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo de San Cristovo PEPRI.

Ribeiro en Común leva ao Pleno do mes de xullo as seguintes propostas para a súa aprobación:

    1. QUE O CONCELLO DE RIBADAVIA ENCARGUE A REDACCIÓN DA MODIFICACIÓN DO PEPRI PARA A SÚA APROBACIÓN POLO PLENO MUNICIPAL.

    2. QUE O CONCELLO TEÑA EN CONTA NESTA LABOR AS SEGUINTES PREMISAS:
    • Encaixar as novas necesidades como placas solares en teitos non visibles ou outras superficies como patios, reforzar a facilidade de acceso a infraestrutura de telecomunicacións, como fibra óptica e internet, e buscar o aumento das áreas e inmobles nos que se permita novos materiais construtivos de interiores, coma por exemplo o cemento.
    • Que se aborde estas modificacións conxugando tanto participación técnica do sector arquitectónico e de profesionais, públicos e privados, como tamén se intente consensuar con todos os grupos municipais.

    3. QUE O CONCELLO RETOME A IDEA DE ENCARGAR A REDACCIÓN DO ARI DE FRANCELOS, SAN PAIO E CAMPORREDONDO.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------