O acto contará coa presenza da secretaria xeral da agrupación municipal, Natalia González; o secretario da Organización da UGT de Ourense, Daniel Fernández; o secretario provincial do PSdeG, Álvaro Vila; o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense, Miguel Gómez; e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; así como de familiares do propio Manuel Suárez Castro
A Comisión Executiva Municipal tamén acordou, na súa reunión do mes de xullo, mudar o nome da que ata o de agora era a sala Felipe González, na sede do PSOE de Ourense, polo do tamén expresidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero
Ourense, 26 de xullo de 2025. A Comisión Executiva Municipal (CEM) do
PSdeG-PSOE de Ourense celebrará este mes de xullo a súa tradicional homenaxe á figura do primeiro alcalde socialista da cidade, Manuel Suárez Castro, que foi fusilado polo bando franquista hai agora 88 anos.
Nesta ocasión, a lembranza terá lugar na Praza da II República, xunto ao paredón no que foron fusiladas máis dun cento de persoas e o acto contará coa presenza da secretaria xeral da agrupación municipal, Natalia González; o secretario da Organización da UGT de Ourense, Daniel Fernández; o secretario provincial do PSdeG, Álvaro Vila; o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Ourense, Miguel Gómez; e o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; así como de familiares do propio Manuel Suárez Castro.
Outro dos ourensáns fusilados ese día xunto ao por aquel entón rexedor da cidade foi Antonio Taboada Novoa, secretario xeral de Juventudes Socialistas de Ourense, ao que tamén se recordará o martes 29 de xullo ás 20:00 horas.
Deste xeito, as e os socialistas ourensáns continuarán reivindicando non só a figura do exalcalde e impulsor da modernización de Ourense e do ferrocarril nos anos 30, senón tamén que se cumpra coa Lei de Memoria Democrática e que non se esqueza a historia.
A Comisión Executiva Municipal tamén acordou, na súa reunión do mes de xullo, mudar o nome da que ata o de agora era a sala Felipe González, na sede do PSOE de Ourense, polo do tamén expresidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero –entre 2004 e 2011– e exsecretario xeral do partido –entre 2000 e 2012–.
Os seus mandatos permitiron o avance social e democrático do país con medidas como a Lei Integral Contra a Violencia de Xénero e a creación dos Xulgados de Violencia contra a Muller, a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a propia Lei de Memoria Histórica, a aprobación da Lei Antitabaco ou o fin de ETA.