A asociación Miño Mar promoverá actividades culturais no municipio de Castrelo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da Asociación Cultural Miño Mar, Gumersinda Rodríguez, e parte do seu equipo para abordar temas relacionados co fomento da cultura galega, a organización de actividades socioculturais neste municipio e posibles liñas de colaboración institucional.

Durante o encontro Manuel Pardo destacou a importancia de manter un diálogo fluído para fortalecer o tecido cultural local e promover iniciativas que contribúan á preservación do patrimonio e a identidade galega.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------