A ANPA Nosa Señora de Xuvencos de Boborás organiza unha excursión ao AquaPark de Cerceda. Data limite inscrición ata o 15 de agosto

A ANPA Nosa Señora de Xuvencos de Boborás organizou unha excursión ao AquaPark de Cerceda o próximo 23 de agosto, aberta a todas as persoas da comarca que desexen participar.

O único requisito para inscribirse é ter ganas de pasalo ben e, sobre todo, querer mollarse!

Como asociación sen ánimo de lucro, todos os beneficios obtidos con esta actividade irán destinados a financiar as distintas actividades que se realizan ao longo do curso escolar en favor dos nenos e nenas do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

Non o perdas! Unha xornada chea de diversión e refrescantes momentos, mentres colaboras cunha boa causa.

Inscríbete e goza do verán no AquaPark!

Para máis información, contacta coa ANPA.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------