
O Concello de Boborás informa do inicio da Campaña de Compostaxe Doméstica 2025, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, para fomentar hábitos sostibles e reducir o impacto ambiental dos residuos, e conseguir bonificacións na taxa.
Novidades na taxa do lixo:
En cumprimento dunha directriz da Unión Europea sobre xestión de residuos e pola adaptación ao novo modelo de tratamento marcado por SOGAMA, a Deputación aprobou a modificación da Ordenanza Fiscal que regula a taxa provincial de recollida de lixo.
Esta actualización implica un incremento do prezo para cubrir os custos reais do servizo e adaptarse ás novas obrigas ambientais.
- O cobro deixa de ser anual e pasa a realizarse trimestralmente.
- Tarifa base: 79,95 €/ano → 19,98 €/trimestre (que é o que xa recibistes)
Existen as seguintes bonificacións dispoñibles:
- Tarifa reducida 1 → 55,95 €/ano → 13,99 €/trimestre (30% de desconto) por realizar compostaxe doméstica.
- Tarifa reducida 2 → 71,94 €/ano → 17,99 €/trimestre (10% de desconto) por usar o punto limpo en polo menos 3 ocasións ao ano, presentando o comprobante de entrega do residuo.
- Tarifa reducida 3 → 47,96 €/ano → 11,99 €/trimestre (40% de desconto) por realizar compostaxe doméstica e usar o punto limpo 3 veces ao ano con comprobante.
Vantaxes da compostaxe doméstica:
- Obter abono natural de alta calidade para horta ou xardín.
- Reducir residuos e pechar o ciclo da materia orgánica.
- Contribuír á economía circular e loitar contra o cambio climático.
Requisitos para participar:
- Ter a primeira residencia no Concello de Boborás.
- Non ter participado en campañas anteriores.
- Dispoñer dun mínimo de 50 m² de horta ou xardín.
- Estar presente nas visitas programadas (entrega do composteiro e manual).
Prazo para solicitar a bonificación:
Debe facerse antes de rematar o ano 2025, para que entre en vigor no exercicio 2026.
Como solicitar:
- En liña: a través da Sede Electrónica do Concello → https://boboras.sedelectronica.es → Apartado Todos os trámites → Buscar Solicitude de aplicación da taxa provincial de recollida de lixo.
- Descargando o formulario dispoñible na web do Concello e presentándoo na Deputación.
- De forma presencial: acudindo directamente ás Oficinas do Concello de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h, onde o persoal municipal lles asesorará no proceso.
Para máis info: 988402008
e en http://boboras.gal/solicitudes-de-bonificacions-na-taxa-do-lixo-na-deputacion-de-ourense-no-concello-de-boboras/