No concello do Irixo: bases de incentivos para a contratación de 6 alumnos/as traballadores/as do Obradoiro dual de emprego Arrieiros V.

Publicado no BOP:

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA POLA QUE SE APROBAN AS BASES DE INCENTIVOS PARA A
CONTRATACIÓN DE 6 ALUMNOS/AS TRABALLADORES/AS DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO
ARRIEIROS V
Por Resolución da Alcaldía do 28 de xullo de 2025, aprobáronse as bases de incentivos para a
contratación de 6 alumnos/as traballadores/as do Obradoiro dual de emprego Arrieiros V.
As bases da convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea
do alumnado traballador do Obradoiro dual de emprego Arrieiros V publicaranse na páxina web
do Concello do Irixo [https://oirixo.sedelectronica.es/info.0.] e no taboleiro de anuncios municipal,
tanto físico como electrónico, para maior difusión.
De conformidade coa base sexta das bases reguladoras, ábrese o prazo de presentación de solicitudes,
que será de dez (10) días naturais, que contarán desde o día seguinte á publicación deste
anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios municipal,
coa finalidade de que durante este tempo os/as interesados/as poidan examinalo e/ou presentar as
reclamacións que consideren oportunas e que deberán dirixir á alcaldesa do Concello.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------