A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou co alcalde, Avelino Pazos Pérez, o convenio para impulsar a actuación ao abeiro do Plan Hurbe
Esta acordo suporá un investimento total de case 50.000 euros, asumindo a Xunta asume o 85% do orzamento e a, contratación e execución das obras; mentres que e o Concello aporta o 15% restante do investimento.
As intervencións enmárcase no Plan Hurbe, programa da Xunta co se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade como motores de dinamización
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou un convenio de cooperación co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos Pérez, para levar a cabo as obras de mantemento do camiño entre os núcleos rurais da Bouza e As Bouzas. O acordo para executar esta actuación ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta suporá un orzamento que rolda os 50.000 euros e foi selado na Delegación territorial da Xunta en Ourense.
A Xunta cofinanciará nun 85% estas intervencións, cun investimento de 42.137 euros, e contratará e executará as obras. Pola súa banda, o Concello de Castrelo de Miño achegará o 15% restante do custo das actuacións (7.435 euros), realizará as xestións pertinentes para posibilitar a súa execución, e comprométese á recepción, mantemento e conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.
O acordo enmárcase no Plan Hurbe. o programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas, coincidentes neste caso coa realización de actuacións de mellora da mobilidade e que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.
A través de liñas de colaboración cos concellos como o Plan Hurbe, o departamento que dirixe María M. Allegue contribúe a promover o desenvolvemento das vilas e núcleos rurais da comunidade autónoma como motores de dinamización ao converterse en puntos de localización dun importante número de servizos públicos e privados que permiten achegar o modelo urbano a todo o territorio.