O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, en colaboración coa Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “BaquetasOu”, vén de deter a un veciño de 30 anos, como presunto autor dun delito continuado de incendio forestal, tras causar tres conatos de incendios o pasado día 18 de agosto en Santo Estevo (Carballeda de Avia), no que resultaron afectadas 0.5 hectáreas, chegando un dos conatos para poñer en grave risco a unha vivenda habitada.
O día 15 de agosto declarouse un incendio forestal na parroquia de Vilar de Condes (Carballeda de Avia), que se propagou a varias parroquias deste mesmo concello, Melón, Beade, Avión, Ribadavia e Leiro, polo que a Garda Civil inicia unha investigación e observa que na zona vanse sucedendo diversos focos de incendio en distintos puntos, polo que se deduce a intencionalidade dos mesmos.
Debido á activa colaboración cidadá e tras avanzar coas investigacións, a Garda Civil puido constatar que un motorista desprazábase pola zona ocasionando os incendios, que se iniciaron segundo o informe para a determinación das causas realizado pola Unidade Central Operativa de Medio Ambiente da Garda Civil de Madrid do Seprona (UCOMA), na marxe dereita da calzada no sentido da traxectoria seguida polo motorista.
A Garda Civil, tras realizar un rexistro no domicilio do detido, incautouse dun soplete de man e material informático (pendente de análise). Non se descarta que esta mesma persoa poida ser tamén o autor dos lumes iniciados o pasado 15 de agosto, e que afectaron a máis de 4.000 hectáreas de monte nos seis devanditos municipios da comarca do Ribeiro, se ben todo dependerá do desenvolvemento futuro das investigacións.
O detido pasou a disposición xudicial no Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución Praza número 1 de Ribadavia.