Todo o recadado irá destinado á Asociación contra o Cancro Infantil e Xuvenil Daniel Prado Lamas
Beariz, 17 de setembro de 2025 – O campo municipal de Beariz será o escenario dun grande evento solidario o próximo sábado 20 de setembro de 2025. Para celebrar o seu 25º aniversario, o CFS Beariz organiza un partido benéfico que enfrontará ao equipo actual, o CFS Beariz, contra os xogadores históricos do club, os CFS Beariz Históricos.
O evento, que comezará ás 18:30 horas, vai moito máis alá do encontro deportivo. Será unha tarde de festa familiar centrada na recadación de fondos para unha causa de máxima importancia: apoiar a labor da Asociación contra o Cancro Infantil e Xuvenil Daniel Prado Lamas.
Para asegurar que as familias poidan disfrutar ao máximo, a animación comezará desde as 16:00 horas coa instalación de hinchables e a presenza do coñecido personaxe El Oso Beariz, un servizo cortesía da Organización de Eventos “Serviturcea”.
Rifas e sorteos solidarios
Un dos alicientes principais da tarde será o sorteo de múltiples premios que se realizará durante o descanso do partido. Entre os lotes destacan:
- Unha camiseta oficial do RC Celta asinada, doada por Dona Geli Mourifio.
- Unha camiseta oficial do SC Arousa, doada por Íñaki Martínez.
- A peza estrela: unha camiseta oficial da Selección Española de Fútbol, asinada por todos os xogadores e doada pola Real Federación Española de Fútbol.
- Un lote de produtos delicatessen/gourmet doado por Carnicas Terra de Montes.
- Dúas ceas para dúas persoas en dous dos restaurantes de maior recoñecemento da zona: “El Mexicano de Beariz” (que conta cun solete da Guía Repsol) e “Parrillada Los Hermida”.
A participación nos sorteoos é moi sinxela. A entrada ao evento é libre, aplicándose a grada “cero”. Por cada 2 € doados , os asistentes recibirán un boleto para optar a todos estes premios.
Todo está preparado para que Beariz viva un sábado inesquecible, onde o deporte, a festa e a solidariedade se unan para apoiar unha causa tan necesaria como é a loita contra o cancro infantil.