A Xunta destinará máis de 306.000€ para a posta en marcha de seis novas casas do maior na provincia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de San Amaro para informarlle ao seu alcalde, Fernando Rodríguez, que a Consellería de Política Social e Igualdade vai destinar máis de 106.000 euros para a posta en marcha de dúas casas do maior neste municipio. Estes novos recursos, sumados aos xa existentes neste concello, permitirán atender ata unha vintena de maiores de xeito totalmente gratuíto.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así o fixo durante a súa visita a unha casa do maior xa existente nesta entidade local, onde destacou que na última resolución da convocatoria para a creación de 20 destes recursos en diferentes concellos de Galicia, 6 pertencen a provincia de Ourense sendo ademais das dúas de San Amaro, unha nos concellos da Mezquita, Quintela de Leirado, Maside e Petín, contando cun investimento da Xunta de máis de 306.000 euros.

Manuel Pardo salientou que a través desta orde, que contou cun orzamento dun millón de euros, o Goberno galego incrementará a rede de casas do maior de Galicia ata as 160 (59 na provincia de Ourense), co obxectivo de fomentar o envellecemento activo e o benestar das persoas da terceira idade.

O representando Goberno galego rematou lembrando que a Xunta impulsou estes recursos pioneiros co obxectivo de ofrecer unha atención totalmente gratuíta aos maiores que viven nos concellos máis pequenos, potenciando así os coidados de proximidade na contorna e para ofrecer alternativas de asentamento de poboación no rural.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------