Aprobado o cambio de titularidade a prol do Concello de Leiro do treito da estrada provincial OU-0301 San Clodio (OU-211)-Cenlle (OU-0303)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

DECRETO 78/2025, do 8 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Leiro do treito da estrada provincial OU-0301 San Clodio (OU-211)-Cenlle (OU-0303), entre o p.q. 0+000 e o p.q. 1+103.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra banda, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titu- laridade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Leiro solicitoulle á Deputación Provincial de Ourense a cesión do tramo da estrada provincial OU-0301 San Clodio (OU-211)-Cenlle (OU-0303), comprendido entre os pp.qq. 0+000 e 1+103.

A Deputación Provincial de Ourense aceptou, o 12 de maio de 2025, o cambio de titula- ridade proposto polo Concello de Leiro.

O treito da estrada OU-0301 comprendido entre os pp.qq. 0+000 e 1+103 cumpre co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ám- bito territorial, segundo o cal estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente».

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo compe- tente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de setembro de dous mil vinte e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Leiro do treito da estrada provin- cial OU-0301 San Clodio (OU-211)-Cenlle (OU-0303) entre o p.q. 0+000 e o p.q. 1+103.

EstradaDenominaciónp.q.Coordenadas UTM (ETRS89)p.q.Coordenadas UTM (ETRS89)
OU-0304San Clodio (OU-211)-Cenlle (OU-0303)0+000X= 572.517,06 Y= 4.691.058;971+103X= 573.227,69 Y= 4.691.172,36

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Ga- licia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase coa sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Leiro, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que poida corresponderlle como nova Admi- nistración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------