O Irixo acollerá a ‘III Bullada de Outono’ o vindeiro 4 de outubro, sábado, no pavillón polideportivo municipal. Un evento de música e baile tradicional organizado pola Banda de Gaitas e Danzas O Irixo e a Asociación de Gaiteiros do Irixo, que recuperará as bulladas que se celebraban antano, denominación popular que recibían as foliadas na zona de O Irixo. A agrupación convida a celebrar a chegada do outono con cantos, bailes e brincadeiras, nun serán que promete mezclar músicas e ritmos de artistas da contorna e cidades próximas.
O evento comezará ás 18,00 h cun obradoiro de baile tradicional impartido por Ismael Rodríguez. Ás 19,00 h dará inicio a foliada de grupos invitados, para rematar con foliada libre, aberta ao público asistente. Durante o transcurso da bullada, sucederanse numerosos sorteos con premios variados para os cales xa se poden adquirir rifas. Contarán con postos de venta de comida e bebida, con opcións frías e quentes como chocolate, para facer fronte ó frío da outonía.
Como nova iniciativa nesta terceira edición da foliada, a organización cederá espazos a outras asociacións, organizacións ou produtores locais, para posicionar as súas marcas e dar visibilidade á diversidade cultural e deportiva do concello, contribuíndo deste xeito á promoción e difusión do asociacionismo e consumo no mercado local.