Boborás, 24 de setembro de 2025. – O Concello de Boborás presenta a súa oferta de actividades deportivas para a tempada 2025-2026, que se desenvolverá dende outubro deste ano ata xuño do próximo. As inscricións xa están abertas e poderán formalizarse nas oficinas municipais ata o 15 de outubro de 2025.
O programa, que ten como obxectivo promover os hábitos de vida saudable e o encontro vecinal, ofrece tres modalidades distintas para adaptarse ás necesidades e intereses da cidadanía:
- Ximnasia de mantemento: Desenvolvida nas localidades de Feás, Camelxa e Astureses.
- Zumba: Actividade que se impartirá na zona de Boborás.
- Xerontoximnasia: Dirixida a persoas maiores e realizada en Brués e Vecofía.
Para garantir a viabilidade de cada grupo, establecerase un mínimo de 5 persoas por actividade.
A cota mensual ten un prezo reducido e escalonado en función da dedicación:
- 6 euros para 1 hora de actividade á semana.
- 10 euros para 2 horas semanais.
O pagamento realizarase durante os 10 primeiros días de cada mes.
Esta iniciativa supón unha oportunidade excelente para coidar do corpo e da mente, compartir tempo en comunidade e manterse activo durante todo o ano. Dende o goberno local animamos a toda a cidadanía a participar nesta nova tempada deportiva.
Inicio das actividades: 1 de outubro de 2025.