O Trail e a BTT reunirán esta fin de semana a máis de 300 deportistas en San Cristovo de Cea

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O club MPC Terras de Cea Bike Team organiza esta fin de semana o ‘I Trail Serra Martiñá’ e a ‘IV BTT Terras de Cea’ coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, o Concello de San Cristovo de Cea, o Consello Regulador da IXP Pan de Cea e casas comerciais do municipio.

O programa deportivo comezará mañá sábado, día 4, ás 17,00 horas, coa saída dende a Praza Maior de Cea desta primeira edición do ‘Trail Serra Martiñá’, no que os atletas enfrontaranse a un percorrido circular de 18,46 km cun desnivel de 465 metros, xa que no itinerario pásase dos 530 aos 995 metros de altitude. Xa o domingo, día 5, ás 9,30 horas darase a saída na Praza Maior aos ciclistas que participan na 4ª edición da BTT Terras de Cea, cun itinerario tamén circular de 36,56 km cun desnivel de 778 metros (de 467 a 988).

Estas dúas competicións foron presentadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, coa asistencia do alcalde do municipio, José Luis Valladares; o asesor de Deportes da Deputación, Enrique Álvarez, e representantes do club organizador. Dende a organización confirmaron a participación de máis de 300 atletas e ciclistas en ambas probas, que poderán desfrutar de dúas xornadas que combinan deporte e lecer e da riqueza paisaxística e gastronómica da contorna de Cea.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------