----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Ourense, 03 de outubro de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu ao acto de inauguración das XIII Marchas Ciclistas Unificadas, Special Olympics Galicia no pavillón municipal A Chaira, no concello do Pereiro de Aguiar.
Un evento inclusivo que percorre Galicia que conta coa participación de máis de 200 participantes entre deportistas con e sen discapacidade intelectual, voluntariado e persoal técnico, cuxo obxectivo principal é visibilizar ao colectivo da discapacidade a través do deporte e promover a súa plena inclusión na sociedade.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------