Carballeda de Avia acolle un obradoiro de costura creativa con diferentes alternativas para os participantes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Carballeda de Avia ten programado para este curso 2025/2026 un obradoiro de costura creativa, que se vén desenvolvendo dende o pasado 7 de setembro e que está impartido por un técnico da empresa ‘Madejas Tejerlo’, e que ten lugar na sala multiusos da Casa do Concello, tódolos martes, de 16,00 a 18,00 horas.

O programa contempla diversas modalidades de confección, iniciándose en setembro con calceta e ganchillo, de xeito que todas aquelas persoas que desexen asistir poden elexir a súa preferida. Así, neste mes de outubro é a quenda do macramé, mentres para novembro e decembro está prevista xa a elaboración dunha bufanda de calceta e un revisteiro de ganchillo.

A confección dun cinturón de macramé en xaneiro; outro revisteiro de ganchillo, en febreiro, e un bordado ‘Bargello’ en marzo, son as apostas de traballo deste obradoiro, que rematará entre abril e maio cun proxecto libre que deberán elaborar os participantes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As persoas interesadas en inscribirse, de xeito gratuíto, poden solicitar información no teléfono 988.487.000 ou enviar un whatsap ao 649.234.745, indicando actividade preferidad, nome, apelidos e número de identificación.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------