A localidade de Arenteiro converterase onte no epicentro gastronómico da comarca carballiñesa coa celebración da oitava edición da ‘Festa dos Callos’ do Concello de Piñor, unha cita que estivo acompañada por un programa parello de actividades, entre as que se contou cunha concentración de motos clásicas, xogos infantís e unha actuación musical.
A xornada abrirase ás 10,00 horas coa saída da caravana de motos participantes na concentración dende a Praza do Arenteiro, que percorrerán estradas e pistas da contorna, cunha pequena parada para degustar uns petiscos e logo regresar para o xantar da festa, que dará comezo ás 13,30 horas.
Un xantar ao que asistíu o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, que foi recibido polo alcalde do municipio, José Luis González. O presidente da institución provincial salientou “a gran resposta de toda esta xente que participa nesta xuntanza para desfrutar da xornada”. O rexedor comentou que “temos aquí 640 comensais para o xantar, a concentración de motos e xogos para os cativos nun día excelente”.
O menú estivo composto por empanada, lacón cocido, ración de callos e postre, acompañado por auga, viño ou refrescos, para rematar con café e choupiños, cun prezo de 25 euros por comensal, mentres os menores de 10 anos poideron acceder gratis ao recinto.
Na Praza do Arenteiro instalaranse tamén uns xogos inchables para os máis cativos e a velada estará acompañada pola actuación dun grupo musical.