Luis Menor recibiu a José Carlos Pumar, presidente de Anasbabi Ciliopatías, entidade que representa “a un colectivo moi vulnerable que precisa todo o apoio que lle podamos brindar”
Ourense, 7 de outubro de 2025.
O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo con José Carlos Pumar, presidente da Anasbabi Ciliopatías, asociación sen ánimo de lucro que pretende ser un soporte, ligazón e grupo de investigación para aquelas persoas cunha enfermidade rara centrada nas ciliopatías (conxunto de enfermidades xenéticas causadas por defectos na formación ou función dos cilios).
No transcurso deste encontro, Menor puido comprobar as moitas dificultades e necesidades que prantexan, como por exemplo a intención deste colectivo de abrir ata 10 delegacións en diferentes puntos de España, polo que Anasbabi Ciliopatías considera primordial a cooperación da Deputación, ante o que Luis Menor recalca que “esta asociación representa a un colectivo moi vulnerable que precisa todo o apoio que lle poidamos brindar”.