O Concello do Carballiño cubrirá 27 prazas de persoal, entre elas sete de operarios de emerxencias

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O cadro de persoal do Concello do Carballiño completarase en breve coa dotación dun total de 27 prazas, das cales 24 son de acceso libre e tres de promoción interna, unha vez aprobada a Oferta de Emprego Público (OPE) correspondente ao exercicio económico de 2024, ao abeiro dunha resolución asinada polo concelleiro delegado de Persoal, Alberto Otero.

Concretamente, convocaránse concursos oposición de carácter libre para cubrir sete prazas do funcionariado e 16 de persoal laboral. Neste último apartado, está prevista a contratación de sete novos operarios para o servizo municipal de Emerxencias. Asemade, tamén haberá un concurso de promoción interna para dotar a Policía Local de dous novos oficiais, e outro posto de administrativo.

En canto ás prazas de funcionarios, contémplanse dúas prazas de auxiliar administrativo e outras cinco para técnico medio de administración xeral, arquiveiro-bibliotecario, ténico de urbanismo e medio ambiente, psicoloxía e educación social.

Finalmente, para o persosal laboral inclúense dous postos de oficiais de 1ª (pintor e albanel) e tres de operarios (obras e servizos, condutor e coordinador de limpeza), e os sete xa devanditos para emerxencias, ademais dunha praza de profesor do Conservatorio Municipal de Música.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------